O presente artigo expón argumentos e fai un chamado a toda a esquerda, politicamente organizada ou non, para constituir unha única candidatura que permita termos algunha posibilidade de construir unidade popular tanto dentro como fóra da institución-concello.
Sabedores de que a marxe de manobra nos concellos é cada vez máis pequena habería que preguntarse se a realidade da institución e a realidade da sociedade chantadina xustifica a tremebunda división que opera nas forzas de esquerda da vila.
Para comezar a dimensión electoral da esquerda alén dos partidos clásicos da II Restauración borbónica (PP e PSOE fundamentalmente) en Chantada é xa de por si fraca historicamente. Se a isto acrecentamos que a dereita obtén os seus mellores resultados cando se apresenta divida ás eleccións, como é o caso, non pode haber outra conclusión diferente a tildar de irresponsábel e contraproducente que a esquerda concorra á cita electoral dividida en tres listas, a saber: a do BNG, a de Iniciativa por Chantada (plataforma cidadá que congrega militantes de Anova, IU, CxG e BNG) e Chantada Aberta (agrupación de electores lanzada por Podemos).
Xa que logo, este é un chamado á cordura e a pór en perspetiva a importancia relativa destes comicios. Estes comicios poden ser simplemente outra oportunidade perdida ou o comezo dalgo diferente, centrado na nosa vila, porriba doutras disputas partidarias, que alimente a construción da unidade popular.
A unidade popular non se consegue apresentando unha única lista unitaria, ben é certo. Con iso o que se consegue é só termos algunha posibilidade de disputar a institución concello ás forzas que tradicionalmente o veñen detentando, no noso caso o PP e a súa escisión INTA. No entanto, crearmos unha única asemblea que teña como apéndice a dimensión institucional (e non como centro) si pode ser un primeiro chanzo para construir unidade popular e sociedade civil organizada que, alén de lexítimas diferenzas partidistas, constrúa espazos onde poda enxergarse unha contrasociedade que loite por quebrar os marcos políticos actuais.
Chantada, como concello dun interior galego atravesado por unha profunda crise demográfica e económica, conta cunha fraca sociedade civil que, aínda así, é capaz de dinamizar culturalmente a vila na medida das súas posibilidades, mais que se encontra aínda lonxe de dotar de expresión política unificada ese movemento diverso.
Construirmos unha CANDIDATURA DE UNIDADE POPULAR semella, pois, politicamente a opción que pode ter máis futuro e máis responsábel, tanto desde un prisma electoral, canto desde un prisma máis centrado na loita social e ligada aos movementos organizados da sociedade civil. É coherente, igualmente, co discurso predominante nas formacións políticas que, directa ou directamente, sustentan as diversas plataformas electorais que van concorrer nas vindeiras eleccións municipais.
Se se fala de quebra democrática, de trascender o marco autonómico e a II Restauración bourbónica, de combater a corrupción e o dominio da oligarquía cleptómana nos diferentes niveis, etc. habería que concluir que, como membros da esquerda e veciños e veciñas de Chantada, a unidade popular é a que permite, en primeiro lugar, atinxir un espazo de representación nas institucións acorde coa implantación social da mesma, que ficaría esganado en caso de concorrer baixo tres candidaturas diferentes; e, en segundo lugar, permitiría sentar os piares para construír a verdadeira unidade popular alén das expresións e preferencias políticas lexítimas de cada un. E a verdadeira unidade popular pasa por unificar as bases das diferentes formacións políticas, asociacións, sindicatos... de esquerda para unificar esforzos e decidir asemblearmente aquelas cuestións que nos afectan directamente como chantadinos e para as que non deberíamos depender das directrices políticas que nos dicten desde Madrid ou Santiago de Compostela.
Por todo o dito, facemos un chamado para construir unha CANDIDATURA DE UNIDADE POPULAR para Chantada baixo as seguintes liñas mestras:
a.- Con vontade de permanencia no tempo. Todas as decisións tomaranse na Asemblea aberta a calquera individuo que teña interese en participar dela e apostarase antes pola deliberación que pola aplicación de maiorías e minorías mecánicas.
b.- O electoral como apéndice. Aínda que as eleccións municipais poden aproveitarse para o nacemento desta unidade popular creando unha candidatura unitaria, o obxectivo debe ser construir tecido social e actuar localmente unidos na diversidade nos múltiplos combates urxentes da nosa contorna, por outras palabras unidade de acción.
c.- Para que a unidade de acción e a unidade popular podan exisitr é preciso un longo proceso de decantación de experiencias e deliberacións políticas, sociais e intelectuais que non nacen dun día para outro e dificilmente pode atinxirse sen un espazo de refencia común e diverso. Ese espazo debe ser unha asemblea común a todas as persoas que se senten de esquerda, estexan en partidos, asociacións ou na casa desiludidos por unha división que, a nivel local, non ten razón de ser.
d.- A unidade popular multiplica a capilaridade social da Candidatura de Unidade Popular: nas aldeas, na vila, nas asociacións culturais e de veciños, nos sindicatos e nos partidos. Sería a primeira vez en décadas que se apostaría pola POLÍTICA, en maiúsculas. A construción de contrasociedade civil, organizada, que contribuiría a ter máis efectivos e coordenación nas diferentes loitas sectoriais e impulsaría unha implantación social máis sólida.
e.- Para alén do dito, unha Candidatura de Unidade Popular permitiría socializar tanto as experiencias previas nas institucións como aquelas saídas do 15-m. Diferentes lecturas e ópticas que mediante o debate e o diálogo permiten atinxir unha síntese política para desenvolver eficazmente e con garantías de exito políticas de esquerda no noso concello, fundamentalmente na rúa e non só no concello como institución (marco frugal e limitado que só pode verse como panca para alimentar a loita civil).
f.- Programa e candidatura participativos, elexidos baixo o método que se escolla e que tente ser o máis abranxente posíbel. Neste punto é imprescindíbel que todas as forzas políticas mostren xenerosidade e demostren se acreditan ou non xa non só na unidade popular, mais na soberanía da sociedade civil.
Se concordas con o exposto, agradécese difusión e que te sumes ao chamado indicando nome, apelidos e parroquia ou barrio. Amais, quen subscribe este chamamento non participará de ningunha iniciativa que non pulase pola unidade.
Saúde e unidade popular!
15.- Manuel Moure Montes, San Miguel do Monte.
14.- Iago Fernández Albilares, Chantada.
13.- Ildefonso Piñeiro Díaz, Chantada, Anova.
12.- Antía Figueiras Carballo, Derramán, Santa Uxía de Asma. Independente.
11.- Miguel Piñeiro Vázquez, Chantada. Independente.
10.- José Luís Spuch Sánchez, Chantada. Adscrito a Iniciativa por Chantada.
9.- José Luís Fernández Álvarez, O Savinhao. Adscrito a Podemos.
8.- Adrián Levices Casal, Chantada. Independente.
7.- Diego Taboada Varela, Chantada. Militante do PCE.
6.- Maite Álvarez Rodríguez, Chantada. Iniciativa por Chantada.
5.- Rafael Lobelle González, Vilameá, Santa Cruz de Viana. Independente.
4.- Xavier Viana Álvarez, Chantada. Independente.
3.- Óscar Figueiras Albilares, Chantada. Independente.
2.- Fuco Mera Ballón, Chantada. Adscrito a Podemos
Asinan o manifesto:
16.- Luis Miguel Casal Rivas, Chantada.15.- Manuel Moure Montes, San Miguel do Monte.
14.- Iago Fernández Albilares, Chantada.
13.- Ildefonso Piñeiro Díaz, Chantada, Anova.
12.- Antía Figueiras Carballo, Derramán, Santa Uxía de Asma. Independente.
11.- Miguel Piñeiro Vázquez, Chantada. Independente.
10.- José Luís Spuch Sánchez, Chantada. Adscrito a Iniciativa por Chantada.
9.- José Luís Fernández Álvarez, O Savinhao. Adscrito a Podemos.
8.- Adrián Levices Casal, Chantada. Independente.
7.- Diego Taboada Varela, Chantada. Militante do PCE.
6.- Maite Álvarez Rodríguez, Chantada. Iniciativa por Chantada.
5.- Rafael Lobelle González, Vilameá, Santa Cruz de Viana. Independente.
4.- Xavier Viana Álvarez, Chantada. Independente.
3.- Óscar Figueiras Albilares, Chantada. Independente.
2.- Fuco Mera Ballón, Chantada. Adscrito a Podemos
Eu estou totalmente de acordo, por riba de siglas e correntes debe prevalecer a forza das xentes que queren un futuro para a vila e un cambio mais alo das cartas que seria si continua INTA ou o PP na alcaldia. Esta nas nosas mans ise cambio e seria moi irresponsable acudir nuns grupos fraccionados, que o unico que conseguiria e darlle o poder de novo a dereita folclorica.
Fuco Mera, adscrito a Podemos e residente en Chantada.
1.- Antom Fente Parada, Outeiro, Santa Cruz de Viana. Promotor.
Sem comentários:
Enviar um comentário