Como xa tiñamos anunciado desde A Voz do Agro Raquel López será a candidata do PSOE para o concello de Chantada.

A actual portavoz socialista na corporación de Chantada, Raquel López Rodríguez, encabezará a candidatura do PSOE nas eleccións municipais, aínda que as perspectivas para manter os 2 concelleiros actuais son sombrías e mesmo podería ficar fóra da corporación municipal por vez primeira (na actual lexislatura conta con dous concelleiros e na anterior con 4 e a alcaldía en coalición co BNG).
A candidatura presentouse onte nun acto en que participou o Xosé Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdG-PSOE e a deputada provincial Pilar Porto. Tamén estivo o antigo alcalde Manuel Anxo Taboada que fechará simbolicamente a lista.
Segundo declarou Raquel López para La Voz de Galicia trata-se de «unha
candidatura de renovación, pero que tamén conta con xente con
experiencia e que demostrou facelo ben cando tivo responsabilidades de
goberno» e tamén se dirixiu a INTA e Manuel Varela, xa que responsabilizar ao actual goberno de que «o municipio non fixo máis que esmorecer, con moitos
negocios que tiveron que pechar e cun medio rural cada vez menos
rendible».
CANDIDATURA PSOE MUNICIPAIS 2015
CANDIDATURA PSOE MUNICIPAIS 2015
1.- Raquel López Rodríguez
2.- María Jesusa Rodríguez López
3.- Héctor Ledo Rodríguez
4.- José Antonio Neira Vázquez
5.- Antonio Rodríguez Novoa
6.- Sergio Estévez Álvarez
7.- María Ángeles Merino Martínez
8.- Zaida González Vázquez
9.- José Luís Vázquez Hermida
10.- Judith López Fernández
11.- María Esther Seijas Vilela
12.- Xesús Boán Méndez
13.- Manuel Anxo Taboada
Suplentes
14.- Daniel Moure González
15.- Aurora Balta Díaz
16.- Xosé Areán López
Sem comentários:
Enviar um comentário