quinta-feira, 19 de junho de 2014

Acto informativo sobre a supresión do Partido Xudicial de Chantada‏


O 27 de xuño celébrase un acto no hotel Mogay contra os recortes na xustiza e contra a decisión da desaparición dos partidos xudiciais.

Con data 19 de abril do ano 2012 o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, aprobou un documento que contiña os principios e criterios básicos para unha nova demarcación xudicial, do que se daría traslado o Ministerio de Xustiza.

Con data 3 de maio de 2012  o pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, aprobou en sesión extraordinaria unha proposta de mapa xudicial que pretende resultar da aplicación dos criterios anteditos.

A proposta do pleno contempla a supresión do Partido Xudicial de Chantada xunto con todos os partidos xudiciais da provincia de Lugo que quedarían integrados nun partido xudicial con cabeceira en Lugo.

A aplicación de tales principios, en que a provincia de Lugo e o Partido Xudicial de Chantada, (que comprende os concellos de Portomarin, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Taboada, Carballedo e Chantada) pon de manifesto un descoñecemento profundo da realidade histórica e xeográfica,  dos ámbitos territoriais existentes e das propias actividades político económicas das comarcas do sur lucense.

De consumarse a proposta elaborada polo pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial dará lugar a un grave prexuizo á cidadanía dos municipios que conforman o actual partido Xudicial.

Sem comentários:

Enviar um comentário