quinta-feira, 18 de junho de 2015
terça-feira, 12 de maio de 2015
Por Chantada : o agora é o mañá
Opinión de Diego Taboada Varela.
Un programa, por si mesmo, non fai milagres. Tampouco os fai a fe nin
a medicina. Un programa propón solucións concretas a problemas
concretos nun espazo e nun tempo concreto. Ese espazo xeográfico e
administrativo é o concello de Chantada. E ese tempo é, aquí e
agora.
Como tal, un programa precisa, non só de consentimento e respaldo
civil, cidadán, senón tamén o compromiso activo e coordinado entre
os candidatos e a sociedade civil que outorgou a súa confianza ao
mesmo. E un programa precisa, tamén, unha execución eficaz, áxil e
resolutiva; obter os resultados esperados xa é fariña doutra
muiñada, pois require de arduos procesos de deliberación e debate
colectivo, non tanto sobre o que facer, senón
tamén, e sobre de todo, sobre o como.
Tendo isto en conta, a candidatura de unidade popular Por Chantada
parte do mesmo punto de partida histórico do que parten todos os
gobernos da historia contemporánea da comarca. É un starting
point cuxo síntoma é unha grave carencia que non solucionaron
os gobernos anteriores : a necesidade acuciante, urxentísima, de
pensarnos e representarnos a nós mesmos como municipio cohesionado,
inseridos como estamos nun proceso de globalización que abandona
selectivamente aos pequenos núcleos de poboación en detrimento da
concentración irracional de recursos humanos, económicos,
sanitarios, científicos, técnicos e administrativos nas grandes
cidades.
Precisamos, urxentemente, reflexionar e colaborar, mais non tanto nos
horizontes programáticos coma nos aspectos resolutivos, non tanto
nos que coma nos como, nas
metodoloxías de traballo, no noso modo de relacionarnos coas
asociacións de veciños e a sociedade civil. Só esta é a eiva que
se lle pode, de momento, opor, á candidatura de Por Chantada. Non
é, así pois, esta eiva, feito diferencial e particular da
candidatura, senón pouso antropolóxico e político herdado da
propia historia cultural e política da comarca.
A esixencia de execución do proxecto aprobado pola confederación
hidrográfica do Asma no 2009; a esixencia dunha auditoría de
recursos do concello para dótalo de transparencia e visibilidade
informativa nas súas prácticas administrativas; a dinamización e
promoción de actividades na biblioteca municipal, así como a
urxente renovación e ampliación do seu catálogo de recursos
audiovisuais e fondos bibliográficos; a recuperación da Feira do
libro; a esixencia da cesión das vivendas de alugueiro do Cantón,
hoxe en desuso e abandono; a potenciación do valor turístico e
comercial do casco histórico; a importancia de potenciar o camiño
de Santiago nos pregos promocionais do turismo comarcal; a revisión
urxente da irracional sobrevaloración catastral do solo; o impulso
da construción dun centro de día con máis capacidade humana,
recursos materiais e persoal cualificado; a aprobación dun
regulamento de participación veciñal; a posta en marcha dun
consello económico e social con persoal cualificado e representación
efectiva das asociacións de veciños - panca esencial para a
dinamización comercial e industrial da comarca -; a esixencia dunha
auditoría de contas do concello con investigacións xudiciais a
posteriori; a elaboración de estratexias comerciais para
promocionar o atractivo inversor do polígono dos Acivros; a
racionalización e planificación do tráfego interno; o fomento do
empadroamento a través de axudas de alugueiro, redución de impostos
e taxas ás familias máis febles e aumento da oferta pública de
prazas na escola infantil; o apoio decidido e recuperación da
pequena explotación agraria familiar; o apoio ás comisions
parroquiais de festas e ás súas actividades culturais en galego; a
rebaixa do IBI ás familias con menos recursos económicos e
patrimoniais; a creación dun xeriátrico público, así como dunha
sede local da Escola oficial de Idiomas adscrita á escola de
Monforte de Lemos; a creación dun espazo público de reunión para
as asociacións de veciños e os movementos sociais; o impulso de
plans de rehabilitación do patrimonio histórico-artístico da
comarca; a recuperación da figura do alcalde pedáneo para axilizar
e facilitar a relación entre veciños e concello; a urxentísima
mitigación da pobreza infantil é absoluta na comarca – cómpre
lembrar que Chantada e Monforte son os concellos con menos gasto
social por habitante en toda a zona Sul de Lugo -; a planificación e
revisión constante da rede de sumidoiros e, sobre todo, a urxente
necesidade de axilizar o asesoramento coordinado entre concello e
sindicatos no referente á tramitación administrativa de
prestacións… non son outra cousa que necesidades e problemas
concretos para un espazo concreto – Chantada - nun tempo concreto :
agora.
Estas son, entre outras, as orientacións programáticas a
medio-curto prazo que Por Chantada presenta aos veciños da
comarca. O chamamento á participación, deliberación e reflexión
resolutiva sobre como coordinar con eficacia
tódolos recursos humanos, técnicos, financeiros e administrativos
para a materialización das mesmas, non é va declaración de
principios cara a galería, senón exhortación responsable á
sociedade civil da comarca, á súa capacidade para
auto-organizarse e coordinarse coma un cerebro e unhas mans
colectivas, superando a nosa histórica eiva cultural e política de
fraccionar o interese común no mero interese de
familia.
Malos tempos estes nos que hai que seguir recordando o evidente, a
saber : que calquera colectivo humano ten, nun tempo dado, o que
tanto vellas coma novas xeracións deixaron arrebatarse
pola preguiza e o conformismo.
segunda-feira, 11 de maio de 2015
POR CHANTADA: ilusión e programa frente as vellas receitas de sempre dos "expertos" do alleo
Comezan a circular as primeiras toxinas da campaña. Comezan a circular os talonarios para que os medios fagan unha criba de quen ten visibilidade e quen non na concorrencia electoral. A mensaxe non podía ser máis clara: os únicos proxectos con "experiencia" e "saber facer" son os dos grandes partidos, nomeadamente aqueles que contan con fondos para entrevistas a páxina completa dos medios onde desenvolver o seu simulacro: quince días de postureo e encarnizados ataques para logo ter 4 anos de colaboración e amizade mentres Chantada esmorece. Imos picar outra vez no mesmo oxidado anzol?
A "alternativa" ao ruín dinnos que é o malo ou o pésimo. E preguntámonos: a alternativa a parálise e a "austeridade" son os partidos da "austeridade"? A ALTERNATIVA real e concreta non é unha candidatura que busca a unidade popular porriba dos intereses partidarios con medidas e propostas concretas?
A "alternativa" ao ruín dinnos que é o malo ou o pésimo. E preguntámonos: a alternativa a parálise e a "austeridade" son os partidos da "austeridade"? A ALTERNATIVA real e concreta non é unha candidatura que busca a unidade popular porriba dos intereses partidarios con medidas e propostas concretas?
Preguntámonos se como cidadáns imos entrar máis unha vez no taboleiro que outros nos marcan para logo mallar en nós os seguintes 4 anos. Preguntámonos tamén se por "experiencia" conta ser trasmisores das políticas de "austeridade". Se 4 anos de parálise institucional son unha "grande experiencia", para alén de nutrir intereses persoais dunha minoría. Se tratar aos cidadáns como menores de idade aos que hai que ir dicíndolle porta por porta a quen deben votar é a "política da experiencia". Preguntámonos se Chantada pode permitirse 4 anos máis de política de terra queimada.
Preguntámonos, moitas e moitos, que "experiencia" e que "alternativa" pode ofrecer o PP após 4 anos apoiando en todo ao goberno de INTA. Que credibilidade cando falan dunha "nova candidatura" e de "participación"?
Que pode ofrecer INTA cun programa electoral que para eles é un simple requisito que logo se garda 4 anos nunha gabeta con sete chaves? Como manipular a evidencia dunha xestión nefasta e dunha parálise institucional?
Que nos pode achegar un PSOE que na boca pequena di que a nosa candidatura lle "rouba" votos? Os votantes son da súa propiedade ou da de calquera outro partido?
A "experiencia" dos vellos partidos é moi clara: tratar ás persoas como mercadoria electoral.
Programas incumpridos, ausencia de propostas e investimentos, orzamentos con informes desfavorábeis da intervención que até apoiou unha parte da oposición, campaña suxa, clientelismo e unha longo etc. Non demostra isto que a experiencia non está en ocupar unha cadeira no consistorio senón nas ideas e no cerebro colectivo que queremos pór en marcha para reverter unha situación de crise crónica no noso concello?
Que pode ofrecer INTA cun programa electoral que para eles é un simple requisito que logo se garda 4 anos nunha gabeta con sete chaves? Como manipular a evidencia dunha xestión nefasta e dunha parálise institucional?
Que nos pode achegar un PSOE que na boca pequena di que a nosa candidatura lle "rouba" votos? Os votantes son da súa propiedade ou da de calquera outro partido?
A "experiencia" dos vellos partidos é moi clara: tratar ás persoas como mercadoria electoral.
Programas incumpridos, ausencia de propostas e investimentos, orzamentos con informes desfavorábeis da intervención que até apoiou unha parte da oposición, campaña suxa, clientelismo e unha longo etc. Non demostra isto que a experiencia non está en ocupar unha cadeira no consistorio senón nas ideas e no cerebro colectivo que queremos pór en marcha para reverter unha situación de crise crónica no noso concello?
Por Chantada é a candidatura da ilusión. A candidatura que apoian moitos traballadores, mocidade e desempregados nas aldeas e na vila. A candidatura de persoas que non pertencen á vella política, con propostas serias, rigorosas e perfectamente viábeis que, ademais, queren contar con parecer de todas e todos na construción colectiva dun futuro digno para o país do Faro para avanzar preguntando e elaborar as respotas entre todas e todos. A candidatura que non roga o voto, senón que ofrece unha alternativa á vella política con ideas concisas e claras. Sen insultar a intelixencia de ninguén.
Por Chantada é a candidatura que non vai contra ningún veciño nin veciña e que pon a Chantada no centro porriba dos aparatos partidarios. Reiniciar a política para reverter unha situación social e económica insostíbel, cunha crise demográfica terríbel e con máis de 30% da poboación en risco de exclusión.
Cando vos pregunten se temos experiencia que mellor resposta que as iniciativas culturais e veciñais ben sucedidas en que participamos?
Candos vos digan que a xente non nos coñece que mellor carta de presentación que o noso programa e a nosa proposta dunha política que rache coa austeridade e coa "política" de "expertos do alleo" que leva anos e anos converténdonos nun deserto verde e dispilfarrando o que é de todas e todos?
Candos vos digan que a xente non nos coñece que mellor carta de presentación que o noso programa e a nosa proposta dunha política que rache coa austeridade e coa "política" de "expertos do alleo" que leva anos e anos converténdonos nun deserto verde e dispilfarrando o que é de todas e todos?
Cando insinúen que somos novas e novos nisto que mellor aval que a nosa traxectoria social, profesional ou até os nosos títulos académicos?
Cando vos asalten os botafumeiros da política do medo, que mellor antídoto que a Ilusión POR CHANTADA?
Xa conseguimos o noso primeiro obxectivo: que nada volte ser igual e que a campaña tranquila a golpe de talonario e intoxicacións bata co muro da dignidade das persoas que estamos fartos e fartas de que mexen por nós e teñamos que dicir que chove.
sexta-feira, 8 de maio de 2015
Vencer o medo, recuperar a ilusión
Antón Fente Parada, membro de Por Chantada.
Ilusión Por Chantada. Ese é o lema que mellor recolle a proposta política dun grupo de persoas do concello de Chantada cun proxecto encamiñado a loitar por un futuro digno e para a maioría social.
Un futuro que non pasa pola inacción ou as políticas de "austeridade" para os traballadores e regalías legais continuadas para os que non saben nin o que teñen. Tampouco por seguir coas mesmas receitas que conducen a Chantada a converterse nun deserto verde en que se desmantela aceleradamente a súa base económica en nome dun "libre mercado", cuxos resultados son sempre os mesmos.
Un futuro que non pasa pola inacción ou as políticas de "austeridade" para os traballadores e regalías legais continuadas para os que non saben nin o que teñen. Tampouco por seguir coas mesmas receitas que conducen a Chantada a converterse nun deserto verde en que se desmantela aceleradamente a súa base económica en nome dun "libre mercado", cuxos resultados son sempre os mesmos.
Onte comezou a campaña de xeito oficial. Comezan as grandes maquinarias partidarias a funcionar a golpe de talonario... e de medo. Na televisión, nas enquisas cociñadas e estará presente na campaña a venda de medo aos cidadáns, toda vez que os partidos proausteridade non teñen máis nada que ofrecernos. O medo a "Venezuela", o medo a "Podemos", o medo ao "nacionalismo", o medo a ser "Grecia"... Calquera política que non sexa a súa política servil preséntase como unha catástrofe que de chegar ás institucións nos levaría ao desastre. Iso só ten un nome: chantaxe.
Precisamente en Chantada, os mesmos que nos conduciron e conducen ao desastre completo, os que converten o país do Faro nun deserto verde e non atende a máis intereses que os seus propios, seguen a estratexia do medo. Onte os que loitaban contra o caciquismo e o clientelismo ían levar as vacas. Seguiron gobernando eles durante décadas e o agro encóntrase na súa peor situación en décadas. O piar económico que sostén o pequeno comercio que, con moito esforzo, sobrevive cada vez con maiores dificultades. O piar económico abandonado permanentemente tanto desde o concello, como desde a Xunta ou o Estado. Europa a coartada perfecta para xustificar o desmantelamento da nosa agricultura e da nosa económica.
Hoxe axitan vellos e novos medos coa mesma finalidade: perpetuarse no poder e empregar as institucións como se fosen propiedade privada súa. Algúns até se atreven a falar de mocidade e de participación, cando unha e outra vez demostraron que só lles interesa das persoas o seu voto.
Hoxe axitan vellos e novos medos coa mesma finalidade: perpetuarse no poder e empregar as institucións como se fosen propiedade privada súa. Algúns até se atreven a falar de mocidade e de participación, cando unha e outra vez demostraron que só lles interesa das persoas o seu voto.
Política de asfalto. Carreteo e coaccións variadas no voto. Manipulación, mentira e intereses partidarios por riba dos interesés comúns das chantadinas e dos chantadinos. Queremos outra política, por iso comezamos desde xa a demostrar que non somos máis do mesmo. Financiámonos con transparencia, desde pequenas achegas das persoas que cren que é necesario reiniciar a política. Facemos unha campaña centrada nos nosos escasos medios e na forza das nosas propostas e ideas.
Temos un proxecto para Chantada. Temos capacidade colectivamente para tornar realidade outra política ao servizo das maiorías sociais que teña como centro a Chantada, mais que non olle só para o país do Faro, senón que contribúa a mudar a extrema situación social e económica tamén noutros ámbitos.
Nós temos a ilusión, eles o medo. Non é hora de que sumemos forzas e esforzos e venzamos o medo que só conduce a máis miseria, máis precaridade, máis desemprego e máis morte cos recortes?
segunda-feira, 4 de maio de 2015
quinta-feira, 30 de abril de 2015
Ildefonso Piñeiro di adeus á primeira liña da política institucional e manifesta o seu apoio a Por Chantada.
Ildefonso Piñeiro di adeus á primeira liña da política institucional e manifesta o seu apoio á candidatura veciñal POR CHANTADA. Pola súa parte o BNG presentou as súas candidaturas para a comarca de Chantada.
Xuntanza Aberta de Por Chantada
Resumo da presentación de candidaturas do BNG para a comarca de Chantada
quarta-feira, 29 de abril de 2015
Comeza a campaña electoral: o BNG e Por Chantada celebran senllos actos esta semana e o PSOE segue visitando o rural.
A nove días de que se abra oficialmente a campaña electoral, o BNG presenta as candidaturas da comarca esta cuarta-feira, mentres que Por Chantada convoca para o sábado unha Xuntanza Aberta para viciñas e veciños. O PSOE segue coas súas visitas no rural.
O BNG de Chantada celebra hoxe o seu segundo acto electoral. Nel preséntanse as súas candidaturas para a comarca de Chantada con intervencións variadas: Xavier Vence, portavoz nacional do BNG; André Sánchez Lavandeira, candidato do BNG á alcaldía en Chantada; Xosé Antón Lego Pan, candidato á alcaldía en Taboada; María Asunción Gómez Neira, candidata en Carballedo; e Sandra Calviño Moure, número 2 da candidatura chantadina.
O acto será no salón de actos da casa sindical ás 20:30 horas, esta cuarta-feira 29 de abril.
Por outra banda, a candidatura veciñal Por Chantada convocou unha Xuntanza Aberta para este sábado 2 de maio ás 19 horas na casa da música, onde se falará sobre o programa, a campaña, participación cidadá e outras cuestións que colectivamente se decida son pertinentes.
Desde a candidatura fan un chamamento a todas as persoas que acreditan nun xeito novo e diferente de facer política para evitar que o país do Faro se converta nun deserto verde.
Por último, o PSOE segue visitando explotacións gandeiras e o rural para achegar as sáus propostas e coñecer as reclamacións dos gandeiros, segundo anunciaron no seu Facebook. Segundo o PSOE: " Son tempos duros para o campo e os labregos non reciben ningún apoio das administracións gobernadas polo PP e por partidos de dereitas como INTA. O compromiso socialista é, foi e será total co noso medio rural."
PP e INTA seguen en stand by
O partido no goberno, INTA, e o seu principal sustento ao estar en minoría, o PP, presentaron xa as súas listas, mais aínda non fixaron actos electorais. Como noutras ocasións, a dereita fará unha campaña porta a porta, apoiada nas redes caciquís e no medo. Xa hai voces que denuncian un emprego partidista máis unha vez da residencia Geriatros, onde en 2011 máis de 100 residentes "votaran" por correo ao PP, outorgándolle practicamente con iso o terceiro concelleiro, o 13º en saír elexido.
Informar tamén que, desde A Voz do Agro, segue aberta a nova enquisa sobre as municipais (preme aquí para participares ou aquí para consultar os primeiros resultados).
segunda-feira, 27 de abril de 2015
Primeiros datos da nosa sondaxe
Podes participar do inquérito sobre as eleccións locais aquí: http://avozdoagro.blogspot.com.es/2015/04/eleccions-2015-sondaxe.html. Para ver mellor as imaxes preme nelas.
sexta-feira, 24 de abril de 2015
Eleccións 2015 - Sondaxe
A sondaxe é totalmente anónima e axústase ás formacións que concorrerán finalmente no concello de Chantada.
quarta-feira, 15 de abril de 2015
Resumo do pleno do pasado 13 de abril: O rural morre, o pequeno comercio coa auga ao pescozo, a mocidade emigra, a probreza disparada e INTA xogando ao Padel.
1.- Aprobouse a acta do pleno anterior (febreiro) e o carácter ordinario da sesión.
2.- Aprobouse por unanimidade o Plan Especial de Protección do Casco Histórico.
3.- Aprobouse cos votos de INTA, PP e Nacionalistas e a abstención do PSOE a expropiación do terreo na rúa Ribeira Sacra para arranxar o problema da rúa, pedindo o Grupo Nacionalista que constara en acta a súa impresión sobre o tema:
Na Xunta de Goberno do día 8 de maio de 2003, adoptouse a decisión de devolver a fianza de 69.690 euros (11.595.360 pesetas) que depositaran os promotores da apertura e urbanización da rúa que une a de Luís Soto Lemos coa de Emilia Pardo Bazán - Rúa Ribeira Sacra. Un acto en vísperas das eleccións municipais dese mesmo mes, á proposta da Alcaldía, declarouse de previa e especial urxencia por unanimidade (un tema tan importante non se deberia tratar de xeito urxente). O escrito presentado solicitando a devolución do aval de 11.595.360 pesetas, constituído para responder da urbanización da rúa que enlaza a rúa de Luís soto Lemos e a de Pardo Bazán, como consecuencia da construcción dunha edificación con fronte a dita Rúa e a de Luís Soto Lemos, por estar executadas as obras e ademáis fíxose tendo en conta o informe verbal do Secretario (informe verbal!). Xa daquelas se alertou no momento da conclusión da rúa de que esta non podía ser recibida polo Concello mentres non estivese perfectamente executada, segundo o proxecto correspondente. Por certo, un proxecto que deu orixe á modificación parcial do Plan de Ordenación Urbana.
4.- Aprobáronse por unanimidade as duas modificacións do Imposto de obras (están contempladas bonificacións na ordenanza para obras no casco histórico).
5.- Aprobáronse por unanimidade o inicio dos expedientes de investigación sobre a titularidade de 11 camiños e votouse separadadamente os expedientes de permutas. Nacionalistas e Socialistas votaron en contra porque non hai acordos entre os propietarios.
O goberno municipal (INTA) votou a favor e os seus aliados (PP) optaron polo camino fácil, a abstención, polo que decidiu o voto de calidade do Alcalde, ou sexa, aprobaron por pasiva.
6.- En canto ao tema da perda de soberanía municipal, coa cesión dos impostos á Deputación, o Grupo Nacionalista e o PSOE votaron en contra, non estaba claro e agora confírmase que non se fará efectivo até o 2016. Non estamos de acordo con esta cesión. As Deputacións son entes obsoletos e con estas decisións dáselles máis poder do que xa teñen baleirando a institución municipal máis próxima aos cidadáns.
7.- Aprobáronse por unanimidade as novas tarifas da auga, a rebaixa do 0,2% vén dada polas evolucións do IPC, seica.
8.- Aprobouse por unanimidade un recoñecemento extraxudicial de créditos (facturas fóra de orzamento), algo habitual deste Goberno ao tempo que dispara a débeda municipal porque non cumpre os deberes facendo os orzamentos.
9.- Transferencia de crédito. O goberno municipal retira 23.000 euros da partida de obras (esa partida que podería facer que as ambulancias non tivesen problemas en chegar a domicilios, que o transporte público puidera traballar sen atrancos ou que os usuarios, veciños e veciñas, non estragasen os coches pasando por algúns lugares, moitos deles arranxados hai anos e que nestes derradeiros anos nin mantemento se lles fixo), pois retiránse para a posíbel construción dunha PISTA de PADDEL nas inmediacións das piscinas, por certo fronte a outra que ten proxectada o casino (entidade privada).
Unha pista que por certo, poderia ser subvencionada polo GDR (Grupo de Desenvolvento Rural) como xa fixo no Concello de Monterroso… O rural morre, o pequeno comercio coa auga ao pescozo, a probreza disparada e Manuel Varela xongando ao Padel.
Por suposto votamos en contra.
CUESTIÓNS DE URXENCIA:
1.- Aprobouse por unanimidade unha declaración institucional en apoio a un proxecto de enerxías renovábeis e biocombustíbel no polígono industrial.
2.- Aprobouse por unanimidade a renegociación dos xuros do crédito para o pago a proveedores que vai pasar dun 4,2% a un 1,16-1,22%.
3.- Aprobouse por unanimidade unha moción do PSdeG-PSOE para o apoio ao Entroido Ribeirao como Festa de Interés Turístico.
4.- Deuse conta do estado dos orzamentos e dos decretos da alcaldía dos últimos meses.
ROGOS E PREGUNTAS.
O Grupo Nacionalista presentou as iniciativas que a viziñanza lle fixo chegar ao longo destes días.
Este era o derradeiro pleno da lexislatura.
terça-feira, 14 de abril de 2015
Iniciativa por Chantada celebra primarias este 18 de abril
O 18 de abril, sábado, Iniciativa por Chantada celebra primarias, abertas a todas as persoas que así o desexen até o día 16 ás 24 horas.
Estas primarias polas que a plataforma xa apostara desde o comezo foron definidas na última asemblea do día 10 de abril e a candidatura formalizarase como Agrupación de electores, para o que a plataforma solicita sinaturas da viciñanza, até xuntar as sinaturas que demanda a lei electoral. Ao tempo anima a participar nas primarias e a candidatarse.
Haberá dúas modalidades para candidatarse. Unha destinada a aquelas persoas que desexan formar parte da lista, mais non no tramo superior da lista (xa que non queren ou poden participar como concelleiros); e outra para as persoas que desexan candidarse e participar da vida institucional do concello a tempo completo, entre estas tamén a persoa que encabezará a listaxe (a día 14 aínda non se oficializou ningunha candidatura).
Por último, o xermolo de candidatura de unidade popular tamén traballa nas proposas programáticas, que proximamente porán a dispor da cidadanía por medio das redes sociais, segundo comunican no seu Facebook. Neste sentido, lembramos que desde A Voz do Agro elaboramos 153 propostas para a actuación municipal desde a esquerda en Chantada e que foron remitidas a Iniciativa por Chantada en tempo e forma.
Para canditarse ou participar creouse o enderezo electrónico iniciativaporchantada@gmail.com ao que podedes enviar as vosas propostas, candidatura ou sinatura con copia do DI para apoiar a creación da agrupación de electores.
Chantada conta cun dos peores indicadores do sul de Lugo en gasto social
A Rede Galega contra a Pobreza vén de anunciar dados do mais preocupante para o sul de Lugo, aprobeitando a proximidade dos comicios locais de maio coa esperanza de que ocupen o centro político. Algo necesario e urxente, pois 672.123 galegos e galegas (24,3%) ven como se lles nega o seu dereito a
unha vida digna e a unha auténtica inclusión social e laboral.
Hai uns días tamén lanzamos desde esta mesma plataforma unha "Proposta programática para unha Chantada con futuro" con 153 propostas concretas entre as que se recollen bastantes encamiñadas a pór freo á exclusión social e a aposta polas políticas sociais e a solidariedade ao tempo que se pula por explotar as potencialidades coas que conta a nosa comarca.
Precisamente a Rede Galega contra a Probreza demanda dos candidatos compromisos concretos para reducir a probreza nos concellos do sul de Lugo, que contan cun gasto social moi escaso, a pesar de sermos unha das zonas máis deprimidas de Galiza, con 32,49% da poboación en risco de exclusión social no ano 2012. Un dato aínda máis alarmante se temos en conta que no ano anterior, 2011, a porcentaxe da poboación en risco de exclusión no sul de Lugo era de apenas 19%, ou sexa un incremento de trece puntos que disparou a probreza até as 15.000 persoas.
Os criterios que se seguen para definir quen está nesta situación son os que seguen:
Os criterios que se seguen para definir quen está nesta situación son os que seguen:
a.- Ter ingresos económicos que non atinxan 60% da renda media, estando a cifra de corte no Estado en 666 euros ao mes.
b.- Aquelas familias que, entre todos os seus integrantes, sumen menos de 20% do tempo de traballo remunerado posíbel (oito horas á semana).
c.- Aquelas persoas que sofren privación materia severa de bens básicos (alimentación, calefacción, vacacións ou dispor de electrodomésticos fundamentais).
En 2013, o gasto público no sul de Lugo oscilou entre 1.284.891 no concello máis poboado, Monforte de Lemos, e os 104.260 do mais pequeno, Ribas de Sil. Se atendemos ao gasto relativo o mellor baremo apresentao Folgoso do Courel (119,61€) seguido de Quiroga (157,26€), en canto pola cola os peores indicadores son para Monforte (66,14€) e Chantada (71,15€).
A Rede Galega contra a Pobreza exixe que para 2016 se destinen 110€ como mínimo e que se reduza a pobreza sensibelmente. Porén, a maioría dos partidos semella que fan caso omiso a estas recomendacións. Na actual sociedade galega a conciencia da clase traballadora segue baixo mínimos en canto camiñamos novamente para unha sociedade fragmentada e con clases cada vez máis separadas e confrontadas como non se recordaba desde había (moitas) décadas.
Toda vez que a probreza se achega escandolasamente a cotas propias da posguerra e as primeiras décadas da ditadura fascista de Francisco Franco folga dicir quen vai gañando a renovada loita de clases, sobre todo cando as empresas do IBEX-35 aumentan 37% os seus beneficios ao tempo que rebaixan o salario medio dos seus empregados 1'5%.
#Pobreza24M
En consecuencia, a Rede Galega contra a Pobreza propón medidas para executar desde os concellos e demanda un compromiso firme das candidatas e candidatos até tal ponto que terían que demitir de non cumpriren o compromiso de reducir a pobreza.
A campaña conta com o hastag #Pobreza24M entre outras canles para receber subscricións e apoios de representantes que adoten estes compromisos esenciais para reducir o impacto do modo de produción capitalista nas vidas das persoas.
sexta-feira, 10 de abril de 2015
Chantada aberta comunica a sua disolución
No día de hoxe a plataforma cidadá apadriñada polo círculo local de Podemos vén de anunciar a súa disolución. O comunicado non aclara o método seguido para esta disolución, que non foi mediante asemblea xa que non se convocou ningunha desde que a mesa da plataforma decidiu disolverse.
A continuación, reproducimos o comunicado:
Comunicado de disolución da Plataforma Cidadá Chantada Aberta
Debido a que o único obxectivo polo que se creou esta plataforma cidadá era o de construír unha Agrupación de Electores para concorrer ás próximas eleccións municipais, e que devandito obxectivo non puido cumprirse, decidese a súa disolución definitiva.
Queremos agradecer os xestos de apoio que moitos veciños nos destes e os moitos ánimos que recibimos, ao mesmo tempo que tamén queremos pedir desculpas a aqueles que confiaban en nós para cambiar o modo de facer as cousas neste concello e que, dun modo ou outro, decepcionámoslles. As expectativas que tiñamos de que esas ganas de cambio, esa indignación dos cidadáns, se converteran en participación activa na política municipal, non se cumpriron.
Aínda así, moitos de nós seguiremos traballando en distintas frontes, noutros círculos, para conseguir un novo concello, unha nova forma de gobernar, e devolver as institucións municipais a todos os veciños de Chantada.
Porque Chantada precisa uma mudança política urgente? II: convénios com a Junta da Galiza
Governo BNG-PSOE: 2007-2011. Total: 18 convenios.
20/05/2011
29/04/2011
24/06/2010
29/04/2010
03/11/2009
23/11/2009
13/07/2009
18/03/2009
01/01/2009
13/11/2008
24/09/2008
29/08/2008
19/09/2008
14/05/2008
09/05/2008
21/02/2008
28/01/2008
10/09/2007
Governo INTA (com apoio do PP): 2011-2015. Total: 5 convenios.
24/07/2013:
17/06/2013:
05/07/2012:
16/04/2012:
24/04/2012:
Porque Chantada precisa uma mudança política urgente? I: Dívida pública do concelho de Chantada
A dívida vida da câmara municipal de Chantada, segundo o Ministério de Fazenda, foi evolucionando ao longo dos últimos anos e faz referência a dívida que mantém a instituição com entidades financeiras e com o Estado, mas não com as empresas.
Governo coligação PSOE-BNG (2008-2011)
2008: 2.683.000€
2009: 3.053l.000€
2010: 4.278.000€
2011: 2.766.000€
Em 2011, a câmara municipal tinha uma dívida equivalente a 49,95% do orçamento municipal que ascendia a 5.536.989€ em 2011, ou seja, 311€/habitante. Com respeto ao ano anterior a dívida reduziu-se em 1.512.000€.
Em 2011, a câmara municipal tinha uma dívida equivalente a 49,95% do orçamento municipal que ascendia a 5.536.989€ em 2011, ou seja, 311€/habitante. Com respeto ao ano anterior a dívida reduziu-se em 1.512.000€.
Governo INTA-PP (2012-2015)
2012: 4.985.000€
2013: 4.552.000€
Segundo o Ministério de Economia e Fazenda a câmara municipal de Chantada a 31 de dezembro de 2012 tinha uma dívida de 4.985.000€, 90,03% do orçamento municipal que ascendia a 5.536.989€ para esse ano. A dívida vida a 31 de dezembro de 2011 ascendia a 2.766.000 pelo que em apenas um ano a dívida disparou-se 2.219.000€.
Em 2012 a dívida representava 526,3 euros por habitante, quase o duplo que no 2011. Se em 2011 o serviço da dívida representava 5% (64. 490 €) do orçamento municipal em 2012 ascendia já a 13% (220.000 €).
Para fazermo-nos uma idea podemos cotejar este último dado com o das inversões reais, os escassos investimentos da Junta da Galiza ou o gasto em pessoal. Em todas as comparações o atual governo piora os indicadores do anterior governo :
2013: 1'4% do orçamento (45.000€)
2011: 16% do orçamento (896.000€)
Investimentos Junta da Galiza 2013: 70.000 €
Gasto de pessoal:
2013: 41% do orçamento
2011: 38% do orçamento
quarta-feira, 8 de abril de 2015
Proposta programática para unha Chantada con futuro
Candidatura de Unidade Popular Chantada
Esta é unha achega programática aberta a achegas de quen o desexe, que se remitirá á plataforma Iniciativa por Chantada, como contribuito para a elaboración do seu programa (xa que o que o permite pola súa configuración aberta pondo a disposición da cidadanía o enderezo electrónico iniciativaporchantada@gmail.com).
A crise económica segue batendo
con forza ao tempo que a crise demográfica vai supor seguir perdendo
poboación no noso concello. Urxe, entón, contar cun goberno que
aprobeite a estreita marxe do concello e alimente as dinámicas
sociais e culturais da sociedade civil chantadina para desenvolver
unha política destinada a favorecer a fixación de poboación e o
dinamismo económico da nosa contorna. Un goberno ao servizo da clase
traballadora, que aposte polas políticas sociais e rache coa
parálise institucional que vive a nosa vila nos últimos catro anos
de goberno da dereita (INTA-PP).
Un
goberno que precisa de todos os cidadáns que decidan participar da
vida política e, aínda serán poucas e poucos, para reforzar a sociedade
civil e ter un concello cunha xestión o máis plural, transparente e
participativo posíbel.
Temos que ser respetuosos co entorno onde vivimos, hai que ter en conta as distancias a ríos, regatos, camiños, etc. E temos que preservar o medio físico, os valores tradicionais, os sinais de identidade ou a memoria... porque se non os pomos nós en valor como é que os imos promocionar como un valor turístisco?
O
turismo é outro ámbito esencial para potenciar a economía local,
para o que se debe revisar o Plano de Dinamización Turística
(PDT) e axeitalo á realidade actual do concello. Do mesmo xeito,
realizarase un estudo para considerar o impacto da Declaración da
Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
O
concello debe potenciar o réxime de alugueiro, frear con políticas
activas o “feísmo”, impulsar a peonalización de certas rúas do
casco histórico, actuacións en materia de infravivenda, eliminación
das barreiras arquitectónicas, impulso da vivenda protexida, etc.
A
cultura é unha das expresións da nosa identidade como pobo, unha
forma de presentármonos ante outras sociedades e unha expresión
simbólica dos individuos e das comunidades. Ás políticas culturais
teñen que estar baseadas na liberdade de creación, na diversidade,
na cooperación e por suposto na cidadanía. Teñen
que estar definidas
e programadas
desde a nosa realidade lingüística e cultural, unha política que
teña como eixo os nosos signos colectivos máis visibéis e
duradeiros (a lingua, as tradicións, o folclore, a música popular,
a artesanía, o patrimonio arqueolóxico e etnográfico, o patrimonio
histórico-artístico, o teatro,...).
153 PROPOSTAS PARA DAR UN SI Á UNIDADE POPULAR
TRABALLO DIGNO
1.- Elaboración dun Plano de
Desenvolvemento Rural, en parcería coas parroquias e cos axentes
sociais, que defina a situación actual e as nosas posibilidades de
desenvolvemento, para alén de dotar de asesoramento técnico aos
actuais ou futuros proxectos económicos.
2.- Posta en valor do monte e dos
proxectos alternativos de gandeiría para crear empregos estábeis e
de calidade, cunha focaxe especial nas Comunidades de Monte en Man
Común.
3.- Talleres e asesoramento sobre
formas de economía cooperativa e de autoemprego, colaborando desde o
concello con estudos de mercado e impulso de iniciativas que aposten
polo traballo digno e estábel.
4.- Fomento e asesoramento para a
iniciativa económica das mulleres.
5.- Fomento dos produtos locais
co impulso dun mercado de alimentos de Chantada e a potenciación das
feiras do 5 e do 21 en Chantada.
6.- Fomento dos oficios
tradicionais e asesoramento para a procura de valor engadido que
permita a súa viabilidade.
7.- Apoio a autónomos e á
pequena empresa.
8.- Cursos formativos para a
promoción da calidade no sector turístico e artesán.
9.- Creación dun Consello
Económico e Social, onde participen os sectores máis activos e
dinámicos da sociedade chantadina para deliberar as estratexias de
desenvolvemento precisas para dotar de futuro o noso concello.
SECTOR VITIVINÍCOLA
10.- Creación dun espazo de
mostra dos viños a nivel profesional para a promoción dos nosos
caldos a nivel profesional, tanto na hostalaría como a nivel
internacional.
11.- Promoción do emprego de
maquinaria conxunta entre adegas e viticulturas e viticultores.
12.-
Aposta pola paulatina reforma e
reforzo da Feira do Viño para a profesionalización e
internacionalización das nosas adegas.
13.-
Impulso dun Centro do viño local que poña en valor a cultura
ribeirá e a viticultura heroica das nosas ribeiras.
TURISMO
14.-
Implicación da sociedade e das empresas no deseño da estratexia turística desde a Comision Municipal de
Turismo.
15.-
Turismo de contidos que teña en conta os valores propios e que dan
valor engadido a Chantada como destino turístico dentro da Ribeira
Sacra: paisaxe, patrimonio, viticultura, adegas familiares...
16.-
Impulso dun Foro Económico para a Ribeira Sacra, onde axentes
institucionais e sociais, planifiquen estratexias conxuntas para a
promoción turística e posibiliten a mancomunidade do mundo ribeirao
tanto na provincia de Lugo como na de Ourense.
17.-
Elaboración de guias de visitas para os turistas, sinalización e
elaboración de paneis explicativos para os principais activos
turísticos do noso concello.
18.-
Creación dunha web desde o concello centrada no turismo cos
contactos de todas as empresas turísticas, de hostalaría e
aloxamento do concello de Chantada; visitas virtuais aos principais
lugares a visitar en Chantada; documentos informativos, etc.
19.-
Explotar o potencial para o sendeirismo que ofrece Chantada con
roteiros centrados na gastronamía, a paisaxe e o patrimonio.
20.-
Posta en valor do Camiño de inverno no seu paso de Chantada, así
como facilitar a recuperación do seu trazado orixinal.
21.-
Deseñar un Plano para o fomento da rehabilitación de casas e aldeas
para o alugueiro vacacional que free o abandono dos lugares rurais e
permita recadar fondos doutras administracións para facelo viábel.
22.-
Impulso e revitalización do punto de información turística en
Chantada e doutros puntos de información asinando convenios con
casas de turismo rural e coa hostalaría da zona.
PATRIMONIO
23.-
Fomento da investigación sobre o noso patrimonio material e
inmaterial.
24.-
Paneis informativos para os principais vultos do noso patrimonio,
especialmente do románico ou en calquera outra igrexa ou edificación
que conte con elementos artísticos de interese.
25.-
Apoio ao Folión de Carros, ás embarcacións tradicionais e ao
Entroido Ribeirao.
26.-
Promoción de materiais didácticos para incorporar a realidade
cultural e patrimonial de Chantada aos centros educativos de primaria
e secundaria da nosa vila. O coñecemento do noso redunda na súa
posta en valor, promoción e conservación.
27.-
Recuperación da microtoponimia.
28.-
Fomento e mellora da sinalización e información sobre o patrimonio
prerromano do noso concello.
29.-
Partida específica de apoio ás actividades culturais realizadas
polas parroquias e as asociacións en relación coa posta en valor e
mantemento do noso patrimonio material e inmaterial.
BENESTAR SOCIAL
30.-
Elaboración dun Plano de Emerxencia Social en asociación cos
traballadores sociais do concello de Chantada.
31.-
Apoio á creación dun Banco de Tempo e a redes de solidariedade
impulsadas pola sociedade chantadina.
31.-
Apoio ao CIM (Centro de Información á Muller).
32.-
Programas grupais para persoas nas mesmas condicións: coidadores e
coidadoras, desempregadas e desempregados, mocidade... Axuda
psicolóxica e técnica para encontrar solucións.
33.-
Potenciar actividades interxeneracionais e recollida da memoria oral,
coa participación activa das persoas maiores.
34.-
Pular por estender o servizo de axuda no fogar.
35.-
Programas específicos de atención á infancia e de igualdade.
36.-
Actividades comunitarias que integren ás persoas con necesidades
especiais.
37.-
Asunción dos compromisos da Rede Galega de Loita contra a Pobreza
para unha aposta decidida para a inclusión social e a redución da
probreza.
38.-
Promover o emprego dunha linguaxe inclusiva desde a administración,
para alén de impulsar campañas de sensibilización contra calquera
caste de discriminación.
39.-
Atención ao impacto na saúde física e psíquica das persoas
coidadoras.
DEMOCRACIA PARTICIPATIVA E TRANSPARENCIA
40.-
Definición das necesidades concretas do persoal e das funcións de
cada posto de traballo público. Auditoría das contas do concello e
da débeda pública.
41.-
Promover, xunto a outras entidades, por un novo modelo de
administración local galega, onde os concellos conten con máis
competencias, se supriman as deputacións provinciais e se priorice a
mancomunización de servizos públicos e unha estrutura comarcal con
competencias definidas.
42.-
Desenvolvemento da personalidade xurídica das parroquias e dos
barrios da vila para o fomento da participación colectiva.
43.-
Impulsar con outros concellos a demanda dun novo modelo de
financiamento das entidades locais, que contemple variábeis que
encarecen os servizos (como o avellentamento ou a dispersión
poboacional).
44.-
Consello Municipal con representación dos barrios e das parroquias
(através da elección democrática de pedáneas e pedáneos), das
asociacións viziñais e culturais, dos movementos sociais,
sindicatos, etc.
45.-
Orzamentos participativos a proposta do Consello Municipal.
46.-
Servizos de xestión directa.
47.-
Racionalización das taxas e impostos.
48.-
Celebración de Xuntas de Goberno e plenos abertos.
49.-
Aproveitar as canles comunicativas existentes na vila para favorecer
a tranparencia pública e a participación activa da veciñanza, con
espazo para todas as opcións ideolóxicas.
50.-
Regulamento de participación veciñal referendado pola cidadanía.
52.-
Información continuada através da web do concello sobre os asuntos
que lle afecten con debate, transparencia e trato de igualdade a
todas as parroquias e persoas. Trasladaranse os proxectos de obras
públicas ás veciñanza interesada e/ou afectada.
53.-
Transparencia e equidade no acceso ao emprego público local.
54.-
Transparencia e
equidade nos concursos públicos e contratación de obras e servizos.
55.-
Habilitación de espazos para uso de todas as asociacións,
movementos sociais e forzas políticas do termo municipal.
56.-
Dación de contas perante a cidadanía e implementación de
mecanismos para consultas populares.
ASOCIACIONISMO
57.-
Oficina de apoio ás asociacións do concello con impresora e
asesoría para a solicitude de subvencións e asesoramento para
cuestións burocráticas.
58.-
Criterios obxectivos na concesión de subvencións a entidades locais
atendendo a criterios de importancia cultural, económica e
fomentando a colaboración entre asociacións.
MEDIO AMBIENTE
59.-
Concienciacion sobre os beneficios das prácticas agrícolas
ecolóxicas, sobre os riscos do abuso dos produtos fitosanitarios e
sobre a procura de valor engadido dos produtos agroalimentarios.
60.-
Impulso de talleres con alternativas ecolóxicas.
61.-
Mellora no tratamento dos envases de produtos fitosanitarios e
plásticos agrícolas.
62.-
Plano de redución, reutilización e reciclaxe de refugallos.
63.-
Colaboración comarcal para un modelo de xestión do lixo alternativo
a SOGAMA.
64.-
Brigada de limpeza de montes e silvicultura.
65.-
Xornadas de limpeza dos ríos.
66.-
Eliminación de vertedoiros incontrados.
67.-
Fomento das enerxías renovábeis e plano de aforro e optimización
enerxética.
68.-
Solicitude dunha nova depuradora para a vila de Chantada.
69.-
Procurar unha traída de auga alternativa para a vila de Chantada que
permita aforrar custes e permitir un consumo e un abastecemento máis
eficientes.
70.-
Aumento da esixencia e control de perímetros de protección de
plantacións arbóreas con respecto a elementos patrimoniais e
estradas. Maior control das plantacións arbóreas de especies
foráneas.
71.-
Inventario das árbores senlleiras do municipio.
72.-
Apoio á apicultura.
73.-
Redución do uso de tóxicos e sobreempaquetado nos servizos
municipais.
74.-
Asesoramento e elaboración para un Plano de transición do concello a
unha economía pospetróleo.
SOBERANIA
ALIMENTARIA
75.-
Banco municipal de sementes.
76.-
Compromiso de compra de produtos alimentares de proximidade.
77.-
Recuperación da feira ECOSUS.
78.-
Impulso dun mercado de alimentos locais.
FEMINISMO E DEREITO AO PROPIO CORPO
79.- Elaboración dun novo Plano
de Igualdade con participación das mulleres do concello.
80.- Xornadas feministas
divulgativas con comentario de libros, filmes, documentais e
palestras.
81.- Recuperación da historia
das mulleres de Chantada: saberes tradicionais, vida cotiá, memorial
oral...
82.- Plano de actuación pola
prevención e actuación contra a violencia de xénero.
83.- Optimización do Centro
de Información á Muller (CIM).
84.- Campañas de sensibilización
sobre a violencia de xénero, especialmente nos centros de ensino.
85.- Concellaría de Igualdade da
Muller e paridade nos órganos de goberno.
86.- Área de información sobre
métodos anticonceptivos e sobre os dereitos sexuais e reprodutivos.
87.- Promoción de unidades
didácticas de ensino feminista adaptadas ás etapas educativas
ofertadas na nosa vila.
TERCEIRA IDADE
88.- Fomento do excursionismo
89.- Mudanzas nas concepcións
das festa dos avós, facendo xornadas en que participe xente de todas
idades e onde a xente sexa a protagonista, con actividades de
transmisión oral e mostra de oficios tradicionais. Celebrarase cada
ano nunha parroquia distinta cun servizo de autobús para poder
chegar á festa.
VIVENDA
90.- Fomento do alugueiro barato
de casas baleiras e fincas de labranza coa creación dun banco
municipal de alugueiro de vivenda e terras.
91.- Avaliación das
posibilidades para aumentar as vivendas sociais no concello.
CULTURA
92.- Dotación dun orzamento
anual para libros da Biblioteca pública.
93.- Subscrición da Biblioteca
pública ás publicacións periódicas en lingua galega.
94.- Campaña de animación e
fomento da lectura.
95.- Impulso dun banco solidario
de libros para o empréstito entre particulares, xestionado pola
biblioteca municipal.
96.- Creación do Consello de
Cultura, cuxas primeiras encomendas serán o estudo da viabilidade e
das posibilidades para a recuperación da Feira do Libro e elaborar
un estudo ou inventario que determine os inmóbeis do concello
aproveitábeis para realizar as actividades culturais tamén nas
parroquias.
97.- Aula de teatro ou cursos de
teatro segundo a demanda.
98.- Espazos públicos
habilitados e regulados para a creación artística.
99.- Impulso dun libro
participativo que recolla aspectos sobre a historia, a lingua, o
patrimonio e a memoria oral do país do Faro.
DEPORTE
100.- Mantemento axeitado das
instalacións deportivas.
101.- Estudo de racionalización
e optimización das piscinas municipais.
102.- Beneficio de uso da piscina
para a xente de Chantada, cunha tarifa de bono máis reducida para a
xente empadroada no concello con respecto a non empadroada.
103.- Fomento da musicoterapia e
dos deportes suaves para as persoas maiores.
104.- Acondicionamento das zonas
fluviais de baño.
105.- Fomento do uso da
bicicleta.
106.- Creación dun Consello do
Deporte, onde colabores asociacións deportivas, clubes e concello
decidan e elabores propostas como as que enumeramos:
a.- Convenios para a utilización das instalacións deportivas dos centros educativos en horario extraescolar.
a.- Convenios para a utilización das instalacións deportivas dos centros educativos en horario extraescolar.
b.-
Apoio ás Escolas Deportivas para desenvolver cualificadamente
programas de animación ao deporte e á actividade física da
poboación.
c.-
Favorecer o transporte dos rapaces nas fins de semana para
participaren en actividades deportivas.
107.- Apoio á celebración de
xogos populares nas festas parroquias e recuperación de xogos
tradicionais. Organizar
cos monitores das escolas deportivas e dos clubes actividades
deportivas e de tempo libre nas aldeas, sobre todo con ocasión das
festas.
SAÚDE PÚBLICA
108.- Concienciación sobre
hábitos saudábeis.
109.- Programas de concienciación
sobre os abusos dos produtos tóxicos no fogar e talleres de
alternativas ecolóxicas.
110.- Programas de educación
sexual.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
111.- Plano de normalización
lingüística municipal, elaborado de xeito participativo coa
veciñanza e para frear a perda de falantes, a transmisión
interxeneracional e a galeguización plena do concello. O galego será un elemento transversal do que dependan tamén as axudas e concesións do concello.
112.- Cursos de galego e de
portugués para quen desexe aprender ou perfeccionar o uso destas
linguas, con programas específicos para persoas estranxeiras.
113.- Fomento da investigación
sobre as variantes locais do galego.
114.- Asesoramento lingüístico
para empresas, asociacións e veciños que así o desexen. Promoción
das denominacións tradicionais do rueiro vilego.
115.- Visibilización da lingua
galega nas accións de difusión enfocadas ao turismo, como un valor
propio nun mundo plural e plurilingüe.
116.- Posta en valor e fomento do
plurilingüismo.
SOLIDARIEDADE
117.- Fomento de redes de
solidariedade locais coa creación dun Consello Solidario.
118.- Sensibilización sobre as
inxustizas globais e práctica do internacionalismo. Integración
no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e habilitación do
0,7% do orzamento a cooperación e solidariedade.
119.- Nas adquisicións de
subministros municipais priorizar os produtos de comercio xusto e
producidos con fórmulas económicas non explotadoras das persoas e
do medio.
MÚSICA
120.- Potenciación das bandas
municipais, da escola da música e axudas para que actúen nas festas
das parroquias.
121.- Fomento da aprendizaxe da
música por parte de todas as nenas e nenos de Chantada.
122.- Axudas e fomento de
actuacións de grupos locais e/ou con participación chantadina.
123.- Apoio e optimización da
Casa da Música. Promoción da musicoloxía do concello.
BENESTAR ANIMAL
124.- Crear un protocolo de
actuación ante animais abandonados e/ou perdidos.
125.- Estudar e propor desde o
concello, con participación cidadá, unha solución para os animais
abandonados a nivel comarcal.
126.- Prohibición dos circos con
animais no termo municipal.
ESTUDOS
E APOIO Á MOCIDADE
127.- Fomento de bolsas para o
transporte a estudantes de mestrado e grado.
128.- Estudo para a optimización
da Casa da Xuventude.
TIC
129.- Software libre e estándares abertos nos sistemas informáticos municipais.
130.- Programas de divulgación e
coñecemento da informática e das redes sociais.
131.- Apoio ao Telecentro.
INFRAESTRUTURAS
132.- Demanda de axudas das
administracións para o paulatino saneamento e abastecemento de augas
das parroquias.
133.- Prioridade na reclamación
de arranxo das estradas que vertebran o concello.
134.- Eliminación de barreiras
arquitectónicas.
135.- Peonalización das rúas
Calvo Sotelo e Dous de Maio.
136.- Estudo e implantación de
solucións, con participación cidadá, para evitar excesos de
velocidade no casco urbano.
137.- Racionalización do
tránsito municipal.
AS PARROQUIAS
138.- Prioridade absoluta na
extensión do saneamento.
139.- Completar as necesidades
das traídas de augas e arranxo de pistas e comiños rurais segundo o
permitan as arcas municipais. Solicitude de axudas económicas para
tal fin a outras administracións.
140.- Dotación dos locais
sociais con libros e material deportivo. Recuperación
de campos de xogos e áreas de lecer nas diferentes parroquias,
potenciando o seu uso.
141.- Colaboración coas
parroquias na análise de augas das fontes públicas e traídas
veciñais.
142.- Apoio á valorización do
monte e creación de emprego por parte das comunidades de montes.
MERCADO
GANDEIRO
143.- Elaboración
dun regulamento para o uso e mellora do recinto feiral contando co
tecido asociativo da vila.
FESTAS PATRONAIS
144.-
Adecuación á entidade de Chantada dos programas e custos das festas
patronais, baixo o directo control municipal e a participación
cidadá.
COMUNICACIÓN
145.-
Establecemento de convenios coa radio e televisión locais e as
entidades culturais para o desenvolvemento de programas de promoción
dos valores da nosa cultura e patrimonio e como contribución para a
súa viabilidade económica.
CREACIÓN CULTURAL
146.-
Fomentarase tamén as publicacións en galego, dentro das
posibilidades do concello, con especial atención aos novos autores e
investigadores e á creación literaria.
147.-
Potenciaranse os cineclubes existentes e proxección de filmes ao ar
libre, especialmente centrándose na divulgación do cinema en galego
e das producións audiovisuais galegas. Apoio á Semana do Cinema.
148.-
Prestarase apoio a creación e divulgación de producións
audiovisuais locais.
148.-
Fomento da creación artística coa habilitación de espazos
axeitados ou apoio aos xa existentes para o desenvolvemento das
inquedanzas pictóricas, musicais, etc.
DIVERSIDADE
FUNCIONAL
149.-
O Concello debe converterse nun dinamizador da práctica do deporte
na terceira idade e nos adultos e ten que buscar o desenvolvemento de
actividades deportivas dirixidas a persoas con diversidade funcional
desde a óptica tanto da súa integración e/ou reinserción social
canto da súa recuperación funcional e a rehabilitación.
150.-
Campañas de sensibilización sobre as situación das persoas con
diversidade funcional e visualización dos seus problemas.
DOGRADICCIÓN
151.-
Campañas de sensibilización e apoio as persoas con algunha dependencia.
152.-Creación
dun Consello de Saúde Pública que achegue propostas de actuación
municipal tamén sobre esta cuestión.
153.-
Unidade de prevención da dependencia, atención aos fráxiles,
estimulación cognitiva, podoloxía, xantar na casa e transporte
adaptado.
Subscrever:
Mensagens (Atom)