Mostrar mensagens com a etiqueta NOTÍCIAS. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta NOTÍCIAS. Mostrar todas as mensagens
segunda-feira, 4 de maio de 2015
quarta-feira, 29 de abril de 2015
Comeza a campaña electoral: o BNG e Por Chantada celebran senllos actos esta semana e o PSOE segue visitando o rural.
A nove días de que se abra oficialmente a campaña electoral, o BNG presenta as candidaturas da comarca esta cuarta-feira, mentres que Por Chantada convoca para o sábado unha Xuntanza Aberta para viciñas e veciños. O PSOE segue coas súas visitas no rural.
O BNG de Chantada celebra hoxe o seu segundo acto electoral. Nel preséntanse as súas candidaturas para a comarca de Chantada con intervencións variadas: Xavier Vence, portavoz nacional do BNG; André Sánchez Lavandeira, candidato do BNG á alcaldía en Chantada; Xosé Antón Lego Pan, candidato á alcaldía en Taboada; María Asunción Gómez Neira, candidata en Carballedo; e Sandra Calviño Moure, número 2 da candidatura chantadina.
O acto será no salón de actos da casa sindical ás 20:30 horas, esta cuarta-feira 29 de abril.
Por outra banda, a candidatura veciñal Por Chantada convocou unha Xuntanza Aberta para este sábado 2 de maio ás 19 horas na casa da música, onde se falará sobre o programa, a campaña, participación cidadá e outras cuestións que colectivamente se decida son pertinentes.
Desde a candidatura fan un chamamento a todas as persoas que acreditan nun xeito novo e diferente de facer política para evitar que o país do Faro se converta nun deserto verde.

Por último, o PSOE segue visitando explotacións gandeiras e o rural para achegar as sáus propostas e coñecer as reclamacións dos gandeiros, segundo anunciaron no seu Facebook. Segundo o PSOE: " Son tempos duros para o campo e os labregos non reciben ningún apoio das administracións gobernadas polo PP e por partidos de dereitas como INTA. O compromiso socialista é, foi e será total co noso medio rural."
PP e INTA seguen en stand by
O partido no goberno, INTA, e o seu principal sustento ao estar en minoría, o PP, presentaron xa as súas listas, mais aínda non fixaron actos electorais. Como noutras ocasións, a dereita fará unha campaña porta a porta, apoiada nas redes caciquís e no medo. Xa hai voces que denuncian un emprego partidista máis unha vez da residencia Geriatros, onde en 2011 máis de 100 residentes "votaran" por correo ao PP, outorgándolle practicamente con iso o terceiro concelleiro, o 13º en saír elexido.
Informar tamén que, desde A Voz do Agro, segue aberta a nova enquisa sobre as municipais (preme aquí para participares ou aquí para consultar os primeiros resultados).
quarta-feira, 15 de abril de 2015
Resumo do pleno do pasado 13 de abril: O rural morre, o pequeno comercio coa auga ao pescozo, a mocidade emigra, a probreza disparada e INTA xogando ao Padel.

1.- Aprobouse a acta do pleno anterior (febreiro) e o carácter ordinario da sesión.
2.- Aprobouse por unanimidade o Plan Especial de Protección do Casco Histórico.
3.- Aprobouse cos votos de INTA, PP e Nacionalistas e a abstención do PSOE a expropiación do terreo na rúa Ribeira Sacra para arranxar o problema da rúa, pedindo o Grupo Nacionalista que constara en acta a súa impresión sobre o tema:
Na Xunta de Goberno do día 8 de maio de 2003, adoptouse a decisión de devolver a fianza de 69.690 euros (11.595.360 pesetas) que depositaran os promotores da apertura e urbanización da rúa que une a de Luís Soto Lemos coa de Emilia Pardo Bazán - Rúa Ribeira Sacra. Un acto en vísperas das eleccións municipais dese mesmo mes, á proposta da Alcaldía, declarouse de previa e especial urxencia por unanimidade (un tema tan importante non se deberia tratar de xeito urxente). O escrito presentado solicitando a devolución do aval de 11.595.360 pesetas, constituído para responder da urbanización da rúa que enlaza a rúa de Luís soto Lemos e a de Pardo Bazán, como consecuencia da construcción dunha edificación con fronte a dita Rúa e a de Luís Soto Lemos, por estar executadas as obras e ademáis fíxose tendo en conta o informe verbal do Secretario (informe verbal!). Xa daquelas se alertou no momento da conclusión da rúa de que esta non podía ser recibida polo Concello mentres non estivese perfectamente executada, segundo o proxecto correspondente. Por certo, un proxecto que deu orixe á modificación parcial do Plan de Ordenación Urbana.
4.- Aprobáronse por unanimidade as duas modificacións do Imposto de obras (están contempladas bonificacións na ordenanza para obras no casco histórico).
5.- Aprobáronse por unanimidade o inicio dos expedientes de investigación sobre a titularidade de 11 camiños e votouse separadadamente os expedientes de permutas. Nacionalistas e Socialistas votaron en contra porque non hai acordos entre os propietarios.
O goberno municipal (INTA) votou a favor e os seus aliados (PP) optaron polo camino fácil, a abstención, polo que decidiu o voto de calidade do Alcalde, ou sexa, aprobaron por pasiva.
6.- En canto ao tema da perda de soberanía municipal, coa cesión dos impostos á Deputación, o Grupo Nacionalista e o PSOE votaron en contra, non estaba claro e agora confírmase que non se fará efectivo até o 2016. Non estamos de acordo con esta cesión. As Deputacións son entes obsoletos e con estas decisións dáselles máis poder do que xa teñen baleirando a institución municipal máis próxima aos cidadáns.
7.- Aprobáronse por unanimidade as novas tarifas da auga, a rebaixa do 0,2% vén dada polas evolucións do IPC, seica.
8.- Aprobouse por unanimidade un recoñecemento extraxudicial de créditos (facturas fóra de orzamento), algo habitual deste Goberno ao tempo que dispara a débeda municipal porque non cumpre os deberes facendo os orzamentos.
9.- Transferencia de crédito. O goberno municipal retira 23.000 euros da partida de obras (esa partida que podería facer que as ambulancias non tivesen problemas en chegar a domicilios, que o transporte público puidera traballar sen atrancos ou que os usuarios, veciños e veciñas, non estragasen os coches pasando por algúns lugares, moitos deles arranxados hai anos e que nestes derradeiros anos nin mantemento se lles fixo), pois retiránse para a posíbel construción dunha PISTA de PADDEL nas inmediacións das piscinas, por certo fronte a outra que ten proxectada o casino (entidade privada).
Unha pista que por certo, poderia ser subvencionada polo GDR (Grupo de Desenvolvento Rural) como xa fixo no Concello de Monterroso… O rural morre, o pequeno comercio coa auga ao pescozo, a probreza disparada e Manuel Varela xongando ao Padel.
Por suposto votamos en contra.
CUESTIÓNS DE URXENCIA:
1.- Aprobouse por unanimidade unha declaración institucional en apoio a un proxecto de enerxías renovábeis e biocombustíbel no polígono industrial.
2.- Aprobouse por unanimidade a renegociación dos xuros do crédito para o pago a proveedores que vai pasar dun 4,2% a un 1,16-1,22%.
3.- Aprobouse por unanimidade unha moción do PSdeG-PSOE para o apoio ao Entroido Ribeirao como Festa de Interés Turístico.
4.- Deuse conta do estado dos orzamentos e dos decretos da alcaldía dos últimos meses.
ROGOS E PREGUNTAS.
O Grupo Nacionalista presentou as iniciativas que a viziñanza lle fixo chegar ao longo destes días.
Este era o derradeiro pleno da lexislatura.
terça-feira, 14 de abril de 2015
Iniciativa por Chantada celebra primarias este 18 de abril
O 18 de abril, sábado, Iniciativa por Chantada celebra primarias, abertas a todas as persoas que así o desexen até o día 16 ás 24 horas.

Estas primarias polas que a plataforma xa apostara desde o comezo foron definidas na última asemblea do día 10 de abril e a candidatura formalizarase como Agrupación de electores, para o que a plataforma solicita sinaturas da viciñanza, até xuntar as sinaturas que demanda a lei electoral. Ao tempo anima a participar nas primarias e a candidatarse.
Haberá dúas modalidades para candidatarse. Unha destinada a aquelas persoas que desexan formar parte da lista, mais non no tramo superior da lista (xa que non queren ou poden participar como concelleiros); e outra para as persoas que desexan candidarse e participar da vida institucional do concello a tempo completo, entre estas tamén a persoa que encabezará a listaxe (a día 14 aínda non se oficializou ningunha candidatura).
Por último, o xermolo de candidatura de unidade popular tamén traballa nas proposas programáticas, que proximamente porán a dispor da cidadanía por medio das redes sociais, segundo comunican no seu Facebook. Neste sentido, lembramos que desde A Voz do Agro elaboramos 153 propostas para a actuación municipal desde a esquerda en Chantada e que foron remitidas a Iniciativa por Chantada en tempo e forma.
Para canditarse ou participar creouse o enderezo electrónico iniciativaporchantada@gmail.com ao que podedes enviar as vosas propostas, candidatura ou sinatura con copia do DI para apoiar a creación da agrupación de electores.
Chantada conta cun dos peores indicadores do sul de Lugo en gasto social
A Rede Galega contra a Pobreza vén de anunciar dados do mais preocupante para o sul de Lugo, aprobeitando a proximidade dos comicios locais de maio coa esperanza de que ocupen o centro político. Algo necesario e urxente, pois 672.123 galegos e galegas (24,3%) ven como se lles nega o seu dereito a
unha vida digna e a unha auténtica inclusión social e laboral.
Hai uns días tamén lanzamos desde esta mesma plataforma unha "Proposta programática para unha Chantada con futuro" con 153 propostas concretas entre as que se recollen bastantes encamiñadas a pór freo á exclusión social e a aposta polas políticas sociais e a solidariedade ao tempo que se pula por explotar as potencialidades coas que conta a nosa comarca.
Precisamente a Rede Galega contra a Probreza demanda dos candidatos compromisos concretos para reducir a probreza nos concellos do sul de Lugo, que contan cun gasto social moi escaso, a pesar de sermos unha das zonas máis deprimidas de Galiza, con 32,49% da poboación en risco de exclusión social no ano 2012. Un dato aínda máis alarmante se temos en conta que no ano anterior, 2011, a porcentaxe da poboación en risco de exclusión no sul de Lugo era de apenas 19%, ou sexa un incremento de trece puntos que disparou a probreza até as 15.000 persoas.
Os criterios que se seguen para definir quen está nesta situación son os que seguen:
Os criterios que se seguen para definir quen está nesta situación son os que seguen:
a.- Ter ingresos económicos que non atinxan 60% da renda media, estando a cifra de corte no Estado en 666 euros ao mes.
b.- Aquelas familias que, entre todos os seus integrantes, sumen menos de 20% do tempo de traballo remunerado posíbel (oito horas á semana).
c.- Aquelas persoas que sofren privación materia severa de bens básicos (alimentación, calefacción, vacacións ou dispor de electrodomésticos fundamentais).
En 2013, o gasto público no sul de Lugo oscilou entre 1.284.891 no concello máis poboado, Monforte de Lemos, e os 104.260 do mais pequeno, Ribas de Sil. Se atendemos ao gasto relativo o mellor baremo apresentao Folgoso do Courel (119,61€) seguido de Quiroga (157,26€), en canto pola cola os peores indicadores son para Monforte (66,14€) e Chantada (71,15€).
A Rede Galega contra a Pobreza exixe que para 2016 se destinen 110€ como mínimo e que se reduza a pobreza sensibelmente. Porén, a maioría dos partidos semella que fan caso omiso a estas recomendacións. Na actual sociedade galega a conciencia da clase traballadora segue baixo mínimos en canto camiñamos novamente para unha sociedade fragmentada e con clases cada vez máis separadas e confrontadas como non se recordaba desde había (moitas) décadas.
Toda vez que a probreza se achega escandolasamente a cotas propias da posguerra e as primeiras décadas da ditadura fascista de Francisco Franco folga dicir quen vai gañando a renovada loita de clases, sobre todo cando as empresas do IBEX-35 aumentan 37% os seus beneficios ao tempo que rebaixan o salario medio dos seus empregados 1'5%.
#Pobreza24M
En consecuencia, a Rede Galega contra a Pobreza propón medidas para executar desde os concellos e demanda un compromiso firme das candidatas e candidatos até tal ponto que terían que demitir de non cumpriren o compromiso de reducir a pobreza.
A campaña conta com o hastag #Pobreza24M entre outras canles para receber subscricións e apoios de representantes que adoten estes compromisos esenciais para reducir o impacto do modo de produción capitalista nas vidas das persoas.
sexta-feira, 10 de abril de 2015
Chantada aberta comunica a sua disolución
No día de hoxe a plataforma cidadá apadriñada polo círculo local de Podemos vén de anunciar a súa disolución. O comunicado non aclara o método seguido para esta disolución, que non foi mediante asemblea xa que non se convocou ningunha desde que a mesa da plataforma decidiu disolverse.
A continuación, reproducimos o comunicado:
Comunicado de disolución da Plataforma Cidadá Chantada Aberta
Debido a que o único obxectivo polo que se creou esta plataforma cidadá era o de construír unha Agrupación de Electores para concorrer ás próximas eleccións municipais, e que devandito obxectivo non puido cumprirse, decidese a súa disolución definitiva.
Queremos agradecer os xestos de apoio que moitos veciños nos destes e os moitos ánimos que recibimos, ao mesmo tempo que tamén queremos pedir desculpas a aqueles que confiaban en nós para cambiar o modo de facer as cousas neste concello e que, dun modo ou outro, decepcionámoslles. As expectativas que tiñamos de que esas ganas de cambio, esa indignación dos cidadáns, se converteran en participación activa na política municipal, non se cumpriron.
Aínda así, moitos de nós seguiremos traballando en distintas frontes, noutros círculos, para conseguir un novo concello, unha nova forma de gobernar, e devolver as institucións municipais a todos os veciños de Chantada.

quarta-feira, 16 de julho de 2014
A Deputación de Lugo e a Banda de Música de Chantada organizam um campus de música para alumnado de entre 6 e 80 anos en Chantada
A Deputação de Lugo e a Banda de Música de Chantada apresentaram já há uns dias o programa do IV Campus Musical e Artístico de Chantada, que se desenvolverá a começos do mês de agosto e inclui uma plêiade de propostas: aulas de música, concertos, composição de temas musicais e elaboração de unidades didáticas que se poderão empregar nos centros de ensino.Como novidade pretende impulsar gravar uma curta-metragem onde a serra do Faro e a Ribeira Sacra serão protagonistas.
Para as interessadas e os interessados nesta completa iniciativa dizer que começará o 4 de agosto e durará até o dia 9 (entre as onze e a uma e meia da manhã e de cinco a sete da tarde), e que podem inscrever-se na Casa da Cultura até esta sexta-feira 18 através do site de Ventos do Norte.
domingo, 29 de junho de 2014
Festivaleando

Desde A Voz do Agro oferecemos-vos uma seleção dalguns dos melhores festivais da Galiza, de entre os centos com os que conta a nossa nação. Muitos deles, organizados por associações sem ânimo de lucro, somaram esforços ao criarem a Federação Galega de Festivais (FEGAFE).
Rock in Rio Tea (Parque da Concória, Ponte Areias, 4 e 5 de julho)
Arrea o Cabo (Celeiro, Viveiro, 5 de julho)

Assalto ao Castelo (Vimianço, 5 de julho). Site: http://www.asaltoaocastelo.org/
Oubeade (10, 11, 12 e 13 de julho)

Quinta-feira 10: Upcoming of Devastation, Arkham, Kuna de Odio, Viven, Cadalso, Basiliades
Sexta-feira 11: Mata Ratos, Lethal Vice, N.O.T., Animal Scrape
Sábado 12: Transilvanians, A Banda de Andrelo, Maskarpone, Orquesta Neverloura, As Xinetas, Agencia Tributaria... Obradoiros, jogos populares e animação teatral.
Domingo 13: Concentração e rota de caros clássicos. Bloquinho de Samba Sanamá.
FICh 2014 (Chantada, 14 de julho)

Reperkusion (Bemposta, 11, 12 e 13 de julho)
A Banda de Andrelo, The Turre's Band, Os Bi-chis, Curioso Periplo, Manu Chao, Muchachito, Dirty Honkers, Dani Lança, Terbutalina, N.O.A.H., Kimbala, Cuchufellos, Funkombo, Hadri H+Friends.

IX Festival da Chaira (12 de julho, Baltar, A Pastoriça)

Antros Pinos (Taragonha, Rianjo, 24,25 e 26 de julho)
The Lákazans
Kayo Malayo
La Tarrancha
Labregos do tempo dos Sputniks
Fügu
Cuchufellos
Familia Caamagno
Entroido Quente (Maceda, 26 de julho)

Colectivo Bomba, Maskarpone e Liviao de Marrao
Carqueixa Rock (Soutelinho, Laza, 2 de agosto)

Pardinhas (2 e 3 de agosto)

Sábado 2: Bloquinho de Xermolos (GALIZA), RADIO COS (22:00, GALIZA), YACINE & THE ORIENTAL GROOVE (00:00, Argélia), ELÊCTRIC GOZARELA (02:00, CATALUNYA), TRAPALLADA (04:00, GALIZA)
Domingo 3: Oxford University Ceilidh Band (13:00,16:30; INGLATERRA), A QUENLLA (20:00, GALIZA), NIAMH NI CHARRA (22:00, Irlanda), GUAUCHOS (00:00, Argentina) e DIPLOMÁTICOS DE MONTE-ALTO (00:30, Galiza)
Festa da Mocidade de Tabuada (8 de agosto)
Bandas por confirmar
Festival 27373 (Begonte, 9 de agosto)
Bandas por confirmar
Castelo Rock (Praia do Castelo em Muros, 8 e 9 de agosto)

Sexta-feira 8: Gatillazo, Agoraphobia, O Caimán do río Tea, Golpe Radikal, Trapallada, DJ Nieto.
Sábado 9: Los Suaves, Vendetta, Terbutalina, Machina, Zeros
Novo Cruzeiro Rock (Vila de Cruzes, 9 de agosto)
Bandas ainda por confirmar
Revenidas (Vila Joám 21, 22 e 23 de agosto)
Bandas por confirmar.
Ponte Louco (22 e 23 de agosto)
Maskarpone, La Tarrancha e outras bandas por confirmar
Festival do Castro (Ferreira de Pantom, 23 de agosto)
Bandas por confirmar
Festival Vibra Balboa (Berzo, 6 e 7 de setembro)
Bandas por confirmar: http://vibrafestival.wix.com/vibra
Festival do Paradiso (6 de setembro no Parque dos Loureiros de Monforte de Lemos)
Bandas por confirmar
Sonrías (19 e 20 de setembro)
Cartaz provisório (pendente de ampliação)

XII Castanhaço-rock (1 de novembro no mercado gandeiro de Chantada)
Bandas pendentes de confirmação
sexta-feira, 27 de junho de 2014
A proclamação da I República Galega em junho de 1931
A recente proclamação do Estat català contribui em 1931 para a proclamação da I República galega por parte do povo trabalhador galego, substituindo a bandeira tricolor pela bandeira galega e presidindo a efémera república Antom Alonso Rios. Segundo o militante do galeguismo Carnero Valenzuela: "Galiza demonstra bem às claras que está em pé, em aberta revolução para recabar a sua liberdade, e a sua autonomia, e a sua independência absoluta. (...) Não nos interessa a República Federal espanhola, senão a República Galega".
quinta-feira, 19 de junho de 2014
Acto informativo sobre a supresión do Partido Xudicial de Chantada
O 27 de xuño celébrase un acto no hotel Mogay contra os recortes na xustiza e contra a decisión da desaparición dos partidos xudiciais.
Con data 19 de abril do ano 2012 o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, aprobou un documento que contiña os principios e criterios básicos para unha nova demarcación xudicial, do que se daría traslado o Ministerio de Xustiza.
Con data 3 de maio de 2012 o pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, aprobou en sesión extraordinaria unha proposta de mapa xudicial que pretende resultar da aplicación dos criterios anteditos.
A proposta do pleno contempla a supresión do Partido Xudicial de Chantada xunto con todos os partidos xudiciais da provincia de Lugo que quedarían integrados nun partido xudicial con cabeceira en Lugo.
A aplicación de tales principios, en que a provincia de Lugo e o Partido Xudicial de Chantada, (que comprende os concellos de Portomarin, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Taboada, Carballedo e Chantada) pon de manifesto un descoñecemento profundo da realidade histórica e xeográfica, dos ámbitos territoriais existentes e das propias actividades político económicas das comarcas do sur lucense.
De consumarse a proposta elaborada polo pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial dará lugar a un grave prexuizo á cidadanía dos municipios que conforman o actual partido Xudicial.
Subscrever:
Mensagens (Atom)


